Festa da Pandeira
O pasado 26 de agosto de 2.006 celebrouse en Piornedo, Cervantes (Lugo) un encontro de tocadoras de pandeira denominado I Festa da Pandeira, organizado pola Asociación Cultural O Teixeiro e o grupo Polavila. Era algo que había tempo se quería facer para contribuir na medida do posible no mellor coñecemento do instrumento, os xeitos, os xéneros e as tocadoras.
Para explicar ben a motivación de facer este acto e as características que tivo nada mellor que acudir ó texto que aparecía no programa de man:
Cunha antigüedade de moitos miles de anos, presente en culturas tan importantes como a Exipcia, a Grega, a Romana, a Islámica, etc., a pandeira tamén forma parte da tradición musical de Piornedo de Donís (Cervantes), lugar representativo dunha zona montañosa, chamada xenéricamente Ancares, que comprende parte das provincias de Lugo, León e Asturias e que ten no uso deste instrumento de percusión un denominador común.
O seu valor cultural é incalculable polo arraigo tan intenso que ten nesta zona e pola riqueza e variedade a que está sometida nos diferentes lugares. Os instrumentos fabricábanos moitas veces os propios veciños con materiais caseiros, configurándose así tipoloxías locais. Casi en cada aldea hai unha maneira de tocar: a dúas maos, a unha mao, á mao volta, co puño, cos dedos. Casi en cada aldea hai un repertorio distinto, con interesantes variedades da Moliñeira, da Jota, do Baile Chao, da Gallegada, dos Cantos de Boda, do Balán-tan-tan e outros xéneros, co baile e o canto como complementos naturais.
En preocupante perigo de desaparición, a pandeira resiste aínda na actualidade da mao de mulleres de avanzada idade, que aprenderon tocar na súa xuventude por tradición oral, cando había moita mocedade nas aldeas, antes de que a posguerra, a emigración e a modernidade cambiaran a maneira de relacionarse, de divertirse. Estas mulleres e as súas habilidades musicais deben ser respetadas e valoradas pero, sobre todo, estudiadas e comprendidas para que unha parte importante desta cultura de montaña, entre os tres territorios, siga viva entre nós.
A “Festa da pandeira” consiste nun encontro en Piornedo de varias tocadoras da zona ás que se quere homenaxear, polo mérito de seren portadoras dunha arte musical valiosa, e das que se quere disfrutar cos seus toques e relatos. Co afán de difundir todo isto, na medida do posible, invítase a asistir ás persoas interesadas.
O acto axustouse con bastante exactitude ó programa que estaba confeccionado:
Programa
13.00 h. Acollida
Chegada das tocadoras/es a Piornedo dende os seus lugares de residencia, presentacións, etc.
14.00 h. Xantar homenaxe
Asistencia só con invitación. Xantar homenaxe ás tocadoras/es presentes na escola de Piornedo, coa idea de reforzar lazos de fraternidade.
17.00 h. Actuacións
Asistencia libre. As tocadoras/es realizarán diversas interpretacións coa pandeira na mesma escola de Piornedo.
20.00 h. Final (hora aproximada)
Entrega de recordos e diplomas ás tocadoras/es. Agradecementos e despedida.
Xa se viu que a zona xeográfica que adoptamos comprende parte das provincias de Lugo, León e Asturias polo que quixemos contar coa asistencia de tocadoras destas tres provincias:
Ana de Coro (Piornedo, Lugo)
Inés de Naipes (Donís, Lugo)
Pacientina de Agustín (Vilar de Donís, Lugo)
Esperanza de Barrielín (Suárbol, León)
Aurelia da Fonte (Villaver, Lugo)
Virginia de Santín (Noceda, Lugo)
Fernando da Casanova (Vilanova do Pedregal, Lugo)
Carmen Álvarez (Fondodevila, Asturias)
María González (Trabao, Asturias)
Cándida González (Trabao, Asturias)
Nélida de Patacones (Candín, León)
Lidia de José de Rexe (Suárbol, León)
Argentina Frei (Paradiñas, León)
Hai que mencionar que colaboraron na organización en diversas facetas Pablo Quintana, Juanjo Fernández, Fco. Javier Feijoo "Chisco", A. C. O Fiadeiro e Cándido Meixide. tamén é preciso dicir que o éxito desta Festa da Pandeira animou a facer máis edicións polo que hai que contar con ela para os seguintes anos, por exemplo este mesmo 2.007, o 25 de agosto Outras fotos que non cabían na dereita.

Nélida de Patacones

Inés de Naipes

Aurelia de Mon

Cándida e María

Pacientina de Agustín

Fernando da Casanova e Virginia

Ana de Coro e Aurelia de Mon

Fernando recibindo o agasallo de Pepe

Pablo Quintana, Isolina e Lola

Esperanza de Barrielín

Carmen Álvarez

Virginia de Santín

Argentina Frei

Lidia de José de Rexe
Cousas relacionadas
Tocadora
de pandeira, artigo neste sitio web sobre Aurora López, de Veiga de Brañas
On
Spanish, Galician and Portuguese frame drums, colaboración con Peyman Nasehpour
A Pandeira, artigo sobre o instrumento
II Festa da Pandeira, artigo neste sitio web sobre ese acontecimento en Piornedo
Tenda de pandeiras, pandeiras de artesanía
Juanjo Fernández Lugo, 24/7/07