Horro 3

Horro asturiano (90 euros + envío)
Reproducción dun horro típico asturiano construído con pezas a imitación da disposición real das mesmas. Totalmente realizado en madeira de varias clases, segundo a idoneidade de cada peza. Para a cuberta deste exemplar, Roberto escolleu cana para remeda-la tella de que se cubren estes exemplares no centro de Asturias.
Ó ser éste un producto da provincia de Lugo utilizámo-la denominación de "horro" para esta peza da arquitectura popular galega aínda que en cada parte de Galicia ten súa denominación propia: cabazo, horreo, canastro, etc.
Juanjo Fernández Lugo, 9/8/05