Roberto López Mourín

Roberto no taller
Esta sección está adicada á artesanía en madeira que realiza Roberto. Tódo-los traballos están feitos seguindo un proceso exclusivamente manual, no que o uso da maquinaria está reservado para o estrictamente necesario. O inxenio e a calidade que pon no seu traballo danlle un certo prestixio no seu entorno e merece de nós un mínimo de atención.
Roberto naceu en Sarria en 1.970 e tras sufrir un accidente automovilístico decidiu lanzarse a traballar na artesanía da madeira, unha actividade que sempre foi do seu agrado e moi relacionada coa importante industria do moble da súa Sarria natal.
A súa especialidade non é a artesanía musical aínda que pouco a pouco foi meténdose no gremio e, na actualidade, ten un pequeno catálogo de instrumentos de percusión en madeira, resultando ser, por exemplo, dos poucos artesáns que realizan castañolas galegas e xipros de afiador.
Juanjo Fernández Lugo, 9/8/05