Cabecera

Documento sin título

Presentación

Artesanía

Actuacións en grupo

Gaiteiro solista

Ensino

Publicacións

Discografía

Recolleita

As Fontes Musicais (CD)

Contactar

Juanjo Fernández
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Artesanía

1.982, febreiro. Ingreso no taller de “Os Alegres de Pontevedra”, situado en Mourente (Pontevedra), onde traballei un ano e medio na fabricación de instrumentos de percusión (tambores, bombos, pandeiretas e pandeiros) e curtido das peles. Nesa etapa coñecín a Manuel Alonso, actual membro de “Noitarega”, que despois sería moi importante para min.

1.983. Escomenzo traballar na fabricación e venda de palletas e pallóns para gaita que distribuín, durante sete anos, a particulares, artesáns e comercios do ramo en diversos lugares de Galicia.

Comercios:

- "Villanueva", "Mozart", "Simphony" e "Orfeo" de Vigo
- "Discos García" de Redondela
- "Alba", "Casa Viñas" e "Jolper" de Pontevedra
- "Casa da Música" e "Audio" de Santiago
- "Rafa Música", "ITH", "Bazar Varela" e "Arco Iris" de Lugo
- "González" e "Jolper" de Ourense
- "Xoglar" de A Coruña

Artesáns:

- José Donsión, de Lalín
- Antón Varela, de Ferrol
- Vázquez Carracedo e Taller da Deputación, de Lugo
- Taller da Deputación, de Ourense
- Obradoiro “Zamáns”, de Vigo

1.987. Durante varios anos adiqueime á instalación de foles de cabrito, que adquiría de proveedores asturianos como Pepe Blanco ou Ignacio Noriega. Igualmente montaba os xustillos, de dixeños tradicionais, que encargaba á modista Tina, de Valadares. Esta actividade non tiña un fin lucrativo senón que formaba parte da inquedanza por rescata-lo fol tradicional nunha etapa na que dominaban os foles de goma e os cosidos (charol ou coiro de zapatos cosido ó xeito dos albardeiros).

 

(Actualizado 23/11/04)

Ir arriba