As fontes musicais
Acaba de salír a la venta un nuevo disco grabado en los estudios Savik Sound en Caritel, Pontecaldelas (Pontevedra) el pasado mes de marzo. Acompañado a la percusión por Manuel Alonso, supone el primer disco en solitario de Juanjo Fernández aunque en el año 87, siendo el gaitero del Alecrín, ya vio publicado o LP "Itinerante".

En este trabajo se hace un repaso por diversas formas y formaciones musicales extraídas de la tradición gallega con algún pequeño detalle innovador. Cuarteto de gaita, gaita solista, canto con pandeiro, con pandeira, con pandeireta.
El disco se puede pedir por correo electrónico al precio de 13,90 €.
Los temas(texto extraído del libreto del CD)
1- Alborada de Rosalía de Castro (Santos Rodríguez Gómez) escoitar
Juanjo Fernández: gaita
Manuel Alonso: tambor e bombo
Ten as características das alboradas de finais do XIX pero a primeira referencia que atopamos está na edición que realizou o editor musical Manrique Villanueva de Vigo, a principios do XX...
2- Jota de Sandra (Juanjo Fernández)
Juanjo Fernández: gaita
Manuel Alonso: tambor e bombo
Unha composición feita para Sandra Tamayo, prometedora gaiteira de Murcia, na que están presentes unha serie de ideas musicais que fomos acumulando despois dalgún tempo...
3- Cileiro de Castonsa (Juanjo Fernández)
Juanjo Fernández: gaita e cunchas
Esta muiñeira, inspirada na casa do Cileiro do lugar de Castonsa, parroquia de San Pedro do Río, A Fonsagrada (Lugo), contén unha serie de topicos gaiteiros desa zona da provincia de Lugo, tan rica en tradicións musicais e de todo tipo...
4- Jota de Seaia (tradicional galega)
Juanjo Fernández: pandeireta e voz
Unha boa jota recollida a unha magnífica cantadora de Seaia, Malpica (A Coruña) cando acompañabamos a Luis Prego, nunha das súas enriquecedoras saídas...
5- Muiñeira de Biouteiro (Juanjo Fernández)
Juanjo Fernández: gaita
Manuel Alonso: tambor e bombo
Composta para o conxunto Biouteiro de Castroverde (Lugo), é unha peza que na dixitación pechada resulta moi agradecida de tocar aínda que poida parecer algo complicada tocando con dixitación aberta...
6- Jota de García (tradicional galega)
Juanjo Fernández: gaita
Manuel Alonso: tambor e bombo
Corresponde ó repertorio de Antonio Represas García, tamén chamado “García de Xinzo”, Ponteareas (Pontevedra), ese gaiteiro e artesán moi famoso pola cantidade de gaitas que fixo e por guia-los primeiros pasos artesanais de Seivane, a principios dos anos 40...
7- Muiñeira de Pontesampaio (anónimo/Juanjo Fernández)
Juanjo Fernández: gaita
Manuel Alonso: tambor e bombo
Gustavo Cuntín, Antón Cabaleiro, Domingo Lorenzo “Mingos”, Delio Domínguez, Juanjo Fernández, Luis Correa “Caruncho”, X. Manuel Fernández “Muxicas”, Manuel Alonso “fillo”, Patricia González e José Benito Lobariñas: voz
Incluída por José Inzenga en “Cantos y Bailes Populares de España, Galicia” como Muiñeira del Puente de San Payo é unha melodía que algunhas fontes atribúen a Francisco Bañeras, músico militar barcelonés que viviu entre os séculos XVIII e XIX...
8- Jota de San Miguel (tradicional galega)
Juanjo Fernández: pandeira e voz
Formaba parte do repertorio de Florinda Gutiérrez, natural de San Miguel, parroquia de Vilarello da Iglesia, Cervantes (Lugo) e supón unha homenaxe a ela, falecida en 2.004. Como peza conserva as características das jotas de Os Ancares, sendo un exemplar que consideramos moi aproveitable...
9- Muiñeira da Fontesanta (Emilio Fernández)
Juanjo Fernández: gaita
Manuel Alonso: tambor e bombo
Muiñeira composta por Emilio Fernández, ese elegante gaiteiro nacido en Vilares, Ribeira de Piquín (Lugo). Nela reune as boas maneiras aprendidas da observación ós mellores gaiteiros daquela rodeada: O Gaiteiro de Andeu, O Páxaro de Silvachá, O Penela de Villafrime, etc...
10- Jota de Soutelo (tradicional galega)
Juanjo Fernández: gaita
Manuel Alonso: tambor e bombo
Tamén se podía chamar Jota de Adelino de Pichel, Gaiteiro de Sorribas, Forcarei (Pontevedra) porque foi quen no-la trasmitiu e a quen lla adicamos pero, como el comentara que formaba parte do repertorio dos Gaiteiros de Soutelo, persistiu finalmente isto...
11- Moliñeira de Vilar de Mouros (tradicional galega) escoitar
Juanjo Fernández: pandeiro e voz
Unha desas melodías recollidas hai moito tempo, cando non lle dabamos moita importancia a rexistrar adecuadamente a procedencia, de manera que ese dato perdeuse...
12- Jota lucense (Emilio Fernández)
Juanjo Fernández: gaita
Manuel Alonso: tambor e bombo
O título púxoo realmente Hermenegildo Fernández “Herme”, a quen lle gustaba especialmente esta peza, na que Emilio Fernández expresa unha serie de conceptos gaiteiros, de autoría entre propia e típica da montaña de Lugo...
13- Muiñeira do Festival (Juanjo Fernández)
Juanjo Fernández: gaita
Manuel Alonso: tambor e bombo
Composta baixo a motivación da asistencia ó Festival de Ortigueira do ´82, está formada por certas sonoridades e ornamentos que quixemos poñer en práctica nesa etapa iniciática...
14- Os olliños da miña nena (tradicional galega)
Juanjo Fernández: gaitas
Manuel Alonso: tambor e bombo
Os Morenos de Lavadores sempre foron para nós unha inspiración constante. Temos tocado tódolos seus temas pero, nesta ocasión, quixemos gravar este que, sen ser un dos máis famosos, resulta un potpurrí moi interesante, formado por melodías abondo coñecidas no repertorio galego da segunda metade do XX...
15- Muiñeira de García (tradicional galega)
Juanjo Fernández: gaita
Manuel Alonso: tambor e bombo
Interesante peza do repertorio de García de Xinzo, quen acompañou varios anos á Danza de Reis de Guláns, Ponteareas (Pontevedra), tocándoa no paso do “Encintado”. Tanto debeu gustar que quedou fixada ó paso e que, con posterioridade, foi tocada por tódolos gaiteiros que acompañaron a este Rancho de Reis: Alfredo da Almuíña, Alfredo Freijeiro, Edelmiro Represas e outros...
16- Jota do Vilarón (Emilio Fernández)
Juanjo Fernández: gaitas
Manuel Alonso: tambor e bombo
Unha boa composición de Emilio Fernández, recentemente falecido en Madrid, onde residía. Leva por título o lugar de Vilarón de Cereixido, A Fonsagrada (Lugo), procedencia da súa muller...
17- Ai, Maruxiña, non bebas viño (tradicional galega)
Lola López, Lucía Rodríguez, Carmen Rodríguez, Isolina Rodríguez e Juanjo Fernández: pandeira e voz
Interpretada coa colaboración do conxunto de tocadoras de pandeira “Polavila” de Piornedo, Cervantes (Lugo), é unha melodía de temática enumerativa, pouco corrente no repertorio galego...
18- Curru-cu-cu-cú (tradicional asturiana)
Juanjo Fernández: gaitas
Manuel Alonso: tambor e bombo
De tradición asturiana, foi cantada por “La Diamantina” e por “La Pastorina”, ambas baixo a dirección do ilustre gaiteiro, compositor e productor musical José Remis Ovalle...
El disco se puede pedir por correo electrónico al precio de 14,00 € (+ envío).
Cosas relacionadas
Ensaio en Vigo, un ensayo con Manuel Alonso y algo de historia de nuestra relación
Juanjo Fernández Lugo, 29/8/07

Polavila en el estudio de gravación

Cándido y Manolo delante del estudio

Escuchando el resultado en el estudio

Xosé Manuel Fernández "Muxicas"
con "Triki" y Cándido

Imagen del disco