Cabecera

Documento sin título

Presentación

Artesanía

Actuacións en grupo

Gaiteiro solista

Ensino

Publicacións

Discografía

Recolleita

As Fontes Musicais (CD)

Contactar

Juanjo Fernández
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Ensino

Dende o ano 1.982 véñome adicando ó ensino musical de gaita e percusión a grupos de alumnos xóvenes, en periodos máis ou menos prolongados.

- Grupo do Colexio Público de Mourente (Pontevedra) 15 alumnos de media (gaita e percusión) iniciados conmigo, 1.982-1.983
- Grupo de gaitas Os Enxebres, Colexio Público de Arbo (Pontevedra) 15 alumnos de media (gaita e percusión) iniciados conmigo, 1.985-1990
- Grupo de gaitas Antaruxas e Sorteiros de A Fonsagrada (Lugo) 50 alumnos de media (gaita, percusión, canto, guitarra, bandurria e flauta traveseira) casi todos iniciados conmigo, 1.991-1.995
- Grupo de gaitas da Asociación Casco Vello de Vigo, 10 alumnos de media (gaita, percusión, canto e flauta traveseira) iniciados conmigo, 1.993-1.998 e nunha segunda etapa dende 2.003 á actualidade
- Grupo de Gaitas Biouteiro, Castroverde (Lugo) 20 alumnos de media (gaita, percusión, canto, guitarra e flauta traveseira) iniciados conmigo, 1.995-2.002
- Grupo de gaitas Entretesos do Cólexio Público de Córneas, Baleira (Lugo) 15 alumnos de media (gaita, percusión e canto) iniciados conmigo, 1.995-(contiúo na actualidade)
- Grupo de gaitas Teixos de Carballido, A Fonsagrada (Lugo) 15 alumnos de media (gaita, percusión e canto) iniciados conmigo, 1.995-1.999
- Grupo de gaitas A Proba de Navia, Navia de Suarna, Lugo, 25 alumnos de media (gaita, percusión, canto e guitarra) iniciados conmigo, 1.995-1.999
- Grupo de gaitas Piornos de Ancares, Concello de Cervantes (Lugo) 40 alumnos de media (gaita, percusión e canto) iniciados conmigo, 1.996-1.998 e 2.000-2.002
- Escola Municipal de Música de Camponaraya (León) 30 alumnos de media (gaita, percusión, canto e guitarra) iniciados conmigo, 1.997-2.000
- Grupo Coral Espalladoira, Castroverde (Lugo) 20 alumnos de media (voces mixtas) iniciados conmigo, 1.998-1.999
- Grupo de gaitas Legua direita do Coléxio público de O Corgo (Lugo) 15 alumnos de media (gaita, percusión e canto) iniciados conmigo, 1.999 (continúo na actualidade)
- Grupo de Lugo, grupo particular, 10 alumnos de media (gaita e percusión) casi todos iniciados comnmigo, 2.001 (continúo na actualidade)
- Grupo de Donís, grupo particular de alumnos da parroquia de Donís en Cervantes (Lugo) 15 alumnos de media (gaita, tambor, pandeira e canto) iniciados conmigo, 2.001 (continúo na actualidade)
- Grupo do Colexio de Paradai de Lugo durante o curso 2.003-2.004 10 alumnos de media
- Grupo da Asociación "Palacio do Rei" (Palas de Rei), 20 alumnos de media (gaita, tambor, bombo, pandeiro, Alcordeón), comezo setembro de 2.007-(continúo na actualidade)
- Grupo de Doiras (Cervantes), 25 alumnos de media (gaita, tambor, pandeira, canto, guitarra), comezo novembro de 2.007-(continúo na actualidade)
- Grupo de Taramundi (Asturias), 20 alumnos de media (gaita, tambor, pandeireta, bombo, canto), comezo febreiro de 2.008-(continúo na actualidade)

No ano 1.988 din o primeiro curso de gaita e percusión, nun Centro Galego do exterior, patrocinado pola Xunta de Galicia. Dende aquela colaborei coa Xunta nos seguintes cursos para Centros Galegos, todos eles de 15 días de duración, cunha asistencia media de 15 cursillistas:

- 1988, Bruselas, Bélgica
- 1989, Marsella, Francia / Bruselas e Amberes, Bélgica
- 1991, Amberes, Bélgica / Sión e Aarau, Suiza / Palma de Mallorca / La Chorrera, Panamá / S. Juan, Puerto Rico / Montevideo, Uruguay / Buenos Aires, Argentina / Murcia / París, Francia
- 1992, Barcelona / Baracaldo, Vizcaya / Palma de Mallorca / Sestao, Vizcaya
- 1993, Sant Gallen, Suiza
- 1994, Luzerna, Suiza / Alicante / Murcia
- 1995, Zürich, Suiza / Lisboa, Portugal
- 2003, París, Francia

Aparte do ensino musical a grupos teño realizado as seguintes actividades didácticas:

- 1987, curso de dixitación pechada de 3 horas a 30 cursillistas, en Santiago de Compostela, Coruña, organizado pola Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas
- 1995, curso de empalletado e afinación, de 6 horas, a 20 cursillistas, en Vigo, Pontevedra, organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos
- 1996, cursos de empalletado e afinación, de 6 horas, a 20 cursillistas, en San Estebo de Ribas do Sil, Ourense, Organizado pola Deputación de Ourense
- 1996, curso de dixitación pechada, de 6 horas, a 20 cursillistas, en San Estebo de Ribas do Sil, Ourense, Organizado pola Deputación de Ourense
- 1997, ponencia sobre as tipoloxías da gaita no “Ciclo sobre a Gaita” en Santiago de Compostela, Coruña
- 2001, Curso de dixitación pechada, percusión e canto no “Ciclo de técnicas musicais” de 7 horas, a 30 cursillistas,en Brión, Coruña, organizado polo Concello de Brión
- 2002, charla-conferencia sobre dos temas A gaita do fol, A pandeira e O pandeiro, nas II Xornadas de Portas Abertas organizadas pola Asociación Cultural Folclórica “O Fiadeiro” de Vigo, de 5 horas de duración a 25 asistentes
- 2005, ponencia e curso de intrepretación de 2 horas sobre a pandeira e a pandeireta a 30 cursillistas de diferentes países do mundo no EFDM 2.005 (European Frame Drum Meeting 2.005), organizado por Gianluca Baldo, Andrea Piccioni e Lorena Martínez en Barcelona
- 2007, Curso de gaita "Técnicas de Interpretación dos Gaiteiros de Soutelo" e 4 horas de duración a 15 cursillistas organizado polo Concello de Forcarei, Soutelo de Montes 17 de agosto de 2.007

(Actualizado 4/6/08)

Ir arriba