Actuacións en grupo
1.982. Como integrante do grupo de gaitas OS ALEGRES, de Pontevedra, realizo un bon número de actuaciós en Festas y Festivais por toda a provincia de Pontevedra con saídas a Coruña e Portugal.
1.983, con varios amigos, formo o grupo de gaitas TRONADA. Con el viaxo tamén moito por Galicia durante catro anos, tocando en Certámenes e Festivais.
1.987. Durante dous anos, formo parte do grupo folk ALECRÍN, de características modernas (baixo, guitarra, teclados, batería, gaita, etc.). Este grupo tiña unha proxección moi aceptable e con el toquei en festivais e concertos por toda España, máis un concerto no Festival Internacional de Música de Roskilde, Dinamarca, ademáis de aparicións en programas de televisión nacionais e autonómicos, entre os que cabe destacar un capítulo adicado ó grupo do programa de TVE de difusión nacional "A Media Voz".
Dende os inicios á actualidade teño actuado con varios grupos de música tradicional e baile entre os que están os propios grupos que teño dirixido e nos que fun solicitado como os de MARUJA MÉNDEZ de Vigo (Pontevedra), A RUXIDEIRA de As Nogais (Lugo) e PILAR CARRACEDO de Lugo
(Actualizado 23/11/04)