Recolleita
Na busca de información musical tradicional. Arrecádanse, en principio, gravacións pero os informantes, moitas veces, teñen o detalle de ofreceren algunha cousa (unha foto, un instrumento, unha prenda, un libro) ó encuestador que se amosa interesado por ela. Desta manera casi inconsciente vanse acumulando materiais que poden chegar a ter en conxunto unha certa valía porque amosan diferentes caras dun mesmo prisma musico-tradicional. Pode chegar un intre no que o obxetivo dunha visita poida ser seguirlle a pista a tal ou cal obxeto porque contribúe en certa medida a completa-la visión dun feito musical.
Pero o verdadeiro traballo non é compilar materiais, coleccionar, o que resulta relativamente doado, senón clasificar, ordenar, extrae-la información que atesouran eses materiais e, sobre todo, ofrecer esa información ó resto da sociedade. A dificultade está en que non abonda con poñer voluntade pois precisa dunha formación (musicolóxica, antropolóxica, histórica, artística) que inevitablemente ten que procura-lo recopilador para dar sentido ó esforzo. Confiamos que nun futuro poidamos ofrecer traballos serios sobre estes materiais.
Instrumentos
- 50 gaitas cunha antigüedade media de 60 anos
- 40 pezas soltas de gaita cunha antigüedade media de 60 anos
- 10 clarinetes cunha antigüedade media de 100 anos
- 15 flautas traveseiras cuna antigüedade media de 120 anos
- 4 Alcordeóns cunha antigüedade aproximada de 60 anos
- Varios xipros, trompas e castañolas
- Varios pandeiros, pandeiras, pandeiretas e caixas de varias épocas e procedencias
- Colección de palletas e pallóns de varias épocas e procedencias
- Flautas de tres furados e tambores de varias procedencias
Gravacións
- 800 (aprox.) cintas de video e audio sobre gaita do fol, cántigas e informacións musicais varias que abarcan principalmente Lugo (A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Cervantes, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Baralla, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Friol, A Pontenova, Valadouro), Pontevedra (Arbo, Vigo, Redondela, Poio, Ponteareas, Pazos de Borbén, Soutomaior, Pontecaldelas, Soutelo de Montes. Forcarei, Cerdedo, Carballedo); Ourense (Avión, Piñeiro, Bande, Ribadavia, Arnoia, O Carballiño, A Gudiña, nogueira de Ramuín); A Coruña (Zas, Vimianzo, Carballo, Malpica, Ferrol); Asturias (Taramundi, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos, Cangas de Narcea, Ibias, Degaña, Pola de Lena); León (Vega de Espinareda, Candín, Peranzanes, Villafranca, Villablino, Fabero, Luyego); Zamora (Pedralba de la Pradería, Porto); Salamanca (Peñaparda); Cáceres (Berzocana); Portugal (Monsanto, Penha Garcia, Moimenta).
Fotografías
- 1.000 fotografías (aprox.) de grupos, gaiteiros, e tocadores de instrumentos diversos de Galicia e exterior.
Outros
- 500 (aprox.) postais antigas de gaiteiros, grupos, outros
músicos, e outros persoaxes de toda Galicia e exterior.
- 300 (aprox.) discos de gramófono, LP, SP e cassettes de audio de gaiteiros
galegos, grupos e recolleitas varias relacionadas coa música tradicional
de Galicia e exterior.
(Actualizado 23/11/04)