Cabecera

Enlaces opinión

As gaitas de Fraga (13/12/01)

O que tocan os gaiteiros xóvenes /28/9/04)

Medios de comunicación (4/11/04)

A relatividade (16/11/04)

Os dedos (20/11/04)

O arrieiro (24/2/05)

Xogo de noces (11/12/05)

Opinión e relatos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

As gaitas de Fraga

Señor Director:

Este sábado 15 en Santiago de Compostela vaise producir un acontecemento canto menos curioso. Trátase da celebración gaiteira -outra máis- da investidura de D. Manuel Fraga coma presidente da Xunta de Galicia. Un servidor e a totalidade dos gaiteiros galegos sentimos indignación ó ver que, tra-las anteriores celebracións de investidura, paseouse por España a idea de que os membros deste colectivo estivemos alí cuando nada é máis falso que eso. Non vou dicir que os gaiteiros galegos esteamos en contra do Sr Fraga, porque de todo haberá, pero si que os “gaiteiros” que asistiron, e os que asistirán o sábado, son alumnos –na máis parte nenos- discípulos directa ou indirectamente do Sr. Foxo que é quien dirixe a ramificada Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, e quen coordina a presencia das bandas. Como se pode supoñer polos mil cincocentos que asistiron na anterior e os seismil prometidos para ésta, trátase dun número de alumnos considerable, so explicable pola aplicación dunha política de captación de alumnos en masa con diñeiro público galego levada a cabo en primera instancia pola Deputación de Ourense xa nos años 80 e continuada por outras institucións municipais, maiormente da provincia de Ourense e gobernadas polo Partido Popular, que é quen parece que financia estes eventos.

Éste sería un suceso simpático e de orgullo gaitero se non fora pola descarada orientación escocesa das bandas que asisten, cuia existencia e espansión geométrica é unha cuestión que xenera en Galicia moita polémica, pois burla a magnífica e xenuina tradición gaiteira e musical galega e cultiva as formas das bandas escocesas na tipoloxía dos instrumentos e na vestimenta, no uso da percusión moderna de alta tensión, no tratamento das melodías e na actitude marcial dos compoñentes.

Con todo ésto o obxecto da celebración non está moi claro porque si é unha reafirmación de galeguidade ¿porqué ese tipo de bandas? e, máis aínda, ¿porqué veñen bandas de Escocia, Irlanda, Bretaña, Portugal e outras comunidades españolas, tal e como está anunciado? Se é unha homenaxe a Fraga ¿porqué so con esas bandas? Por outra parte, o acto non ten nada de expontaneo pois leva xestándose dende hai meses nin de desinteresado porque o feito de vir dar una volta gratis a Santiago é un gancho que moviliza a toda a xente xoven que permita o presuposto de que dispón a organización, que debe ser moi millonario. A conclusión de todo esto pode ser algo perversa pois tal vez sirve ós intereses do Partido Popular pola repercusión de este “record Guinness” nos medios de comunicación, ós intereses do Sr Fraga, cuia figura vese sensiblemente ensalzada e ós intereses da causa pro-escocesa das bandas do Sr. Foxo. É algo que recorda as paradas sindicales no Bernabeu doutros tempos, cunha finalidade de falsea-la realidade na mesma proporción.

Atentamente,

Juanjo Fernández Lugo, 13/12/01

(Texto orixinal publicado o 14/12/01 en El Progreso e La Voz de Galicia)

Ir arriba