Pandeiras
Unha vez realizadas algunhas pandeiras para uso propio e para satisfacer varias peticións, comezamos collerlle gusto á fabricación e tomámo-la decisión de poñe-las á venta. Conscientes da necesidade de que os instrumentos modernos se axusten ós patróns antigos, en pro da continuidade da sonoridade propia e dos xeitos interpretativos, a motivación principal, aparte da econónica, é a confianza de que as tipoloxías corresponden co que temos estudiado dos instrumentos vellos que se atopan en certas casas do rural, principalmente da zona ancaresa (parte de Lugo, Asturias e León), unha das zonas máis activas do estado español en canto á tradición deste instrumento de percusión.
A fabricación destas pandeiras sigue un proceso totalmente artesanal, moi semellante ó que seguían tradicionalmente os artesáns ocasionais que as facían nas aldeas. As madeiras son do pais (castiñeiro ou carballo) e o seu modelado faise en verde por medio de molde, sen acudir a pulido ou barnizado algún. O parche é de pelica de corzo, tal como aconsella a ortodoxia da tradición da pandeira. Estas dúas circunstancias dalles un aspecto rústico, semellante ó dos instrumentos antigos ancareses.
Pandeira sinxela para toque a unha mao
Características
- madeira de castiñeiro
- Ø 35,5 X 8 cm
- 7 pares de cernellas
- arillo de reforzo

Precio 100 € (+ envío)
Pedir
Pandeira sinxela para toque a dúas maos
Características
- madeira de carballo
- Ø 40 X 7,5 cm
- 6 pares de cernellas

Precio 110 € (+ envío)
Pedir
Pandeira doble para toque a dúas maos
Características
- madeira de carballo
- Ø 42 X 9 cm
- 12 pares de cernellas
- 2 arillos de reforzo

Precio 130 € (+ envío)
Pedir
Pandeira antiga para toque a unha mao
Características
- madeira de piņeiro (reciclada de peneira vella)
- Ø 38,5 X 8 cm (variable en función da peneira dispoñible)
- 7 pares de cernellas

Precio 150 € (+ envío)
Pedir
Pandeira antiga para toque a dúas maos
Características
- madeira de piņeiro (reciclada de peneira vella)
- Ø 39 X 8 cm (variable en función da peneira dispoñible)
- 6 pares de cernellas

Precio 150 € (+ envío)
Pedir
Cousas relacionadas
A pandeira, artigo neste sitio web sobre do instrumento
Tocadora
de pandeira, artigo neste sitio web sobre Aurora López, de Veiga de Brañas
On
Spanish, Galician and Portuguese frame drums, colaboración con Peyman Nasehpour
I Festa
da Pandeira, artigo neste sitio web sobre ese acontecimento en Piornedo
II Festa
da Pandeira, artigo neste sitio web sobre ese acontecimento en Piornedo
Juanjo Fernández Lugo, 27/8/07