Omar Faruk ensemble
O pasado día 6 de xuño de 2.006 asistimos no restaurado teatro Jofre de Ferrol, a un concerto de Omar Faruk ensemble que pensamos pode interesar.
Omar Faruk é un turco afincado en New York que ten un dilatado currículum como multiinstrumentista, cousa que se pode consultar no seu sitio web. No Jofre fixo unha demostración das súas habilidades coa voz, co bouzouki grego, coas flautas denominadas ney (máis grande) e kaval (máis pequena), coa zurka (oboe turco) e tamén coa darbuka.
A proposta do ensemble de Omar Faruk é unha fusión musical cargada de sonoridades orientais, con vocación de entendimento entre culturas para o que se apoia na profesionalidade dun conxunto de instrumentistas virtuosos de procedencias varias (Grecia, Siria, Italia ...) entre os que está o noso amigo estadounidense River Guerguerian, que realizou unhas interpretacións magníficas na percusión.
Máis nada, para quen queira escoitar unha mostra do concerto pode acudir a un dos temas que gravamos, titulado Common Spirit, ademáis quedan aquí algunhas das fotos que fixemos, que dan unha idea do acontecimento.






Juanjo Fernández Lugo, 7/6/06